A prestación por desemprego debe tomar a cotización a tempo completo cando a persoa extinga o seu contrato pola reducción da súa xornada

Se unha persoa cun contrato a tempo completo extingue o seu contrato de traballo, unha vez declarada axustada a dereito unha redución de xornada feita a través dunha modificación substancial das condicións de traballo, que base de cotización lle correspondería?

O Tribunal Supremo resolve este caso no que, á hora de cuantificar a prestación de desemprego, a Entidade xestora calcula a súa cantidade en base á cotización resultante da redución de xornada.

Antecedentes

A persoa traballadora subscribe un contrato a tempo completo coa súa empresa no ano 2004. No ano 2017, comunícanlle que a súa xornada a partir dese momento será do 18,19%, polo que decide recorrer esta decisión perante os tribunais.

Despois dunha sentenza que declara xustificada tal modificación das súas condicións de traballo (isto é, cando a empresa pode probar que a súa situación económica, técnica, organizativa ou produtiva non é boa e debe realizar certos axustes na xornada de traballo, sistema de traballo, salario… art. 41 do Estatuto dos Traballadores) o xulgado recoñécelle o seu dereito a extinguir o seu contrato de traballo polo prexuízo derivado da redución, optando a traballadora por esta opción.

Á hora de solicitar a prestación por desemprego na Entidade xestora correspondente (o SEPE), atópase con que se toman como base de cotización as 299 horas realizadas entre a modificación e a extinción do seu contrato, minorando considerabelmente a cantidade a percibir da prestación. 

Non estando de acordo con esta decisión, decide interpoñer unha demanda no Xulgado do Social contra o SEPE, xa que consideraba que a base de cotización debíase calcular segundo o salario percibido por un contrato a xornada completa, e non polo resultante das 299 horas froito da redución da xornada. A sentenza que resolveu o litixio deulle a razón ao Servizo Público de Emprego, polo que a traballadora decidiu recorrela perante o Tribunal Superior de Xustiza e, desestimando tamén a súa demanda, recorreu en casación perante o Tribunal Supremo.

As claves

Establece o artigo 270.1 da Lei Xeral da Seguridade Social que a base reguladora da prestación por desemprego “será el promedio de la base por la que se haya cotizado por dicha contingencia durante los últimos ciento ochenta días del período a que se refiere el apartado 1 del artículo anterior”.

Seguidamente, o apartado 6 dese mesmo artigo recolle que para o cálculo da base reguladora, “las bases de cotización se computarán incrementadas hasta el 100 por ciento de la cuantía que hubiera correspondido si se hubiera mantenido, sin reducción, el trabajo a tiempo completo o parcial“.

O SEPE entende que, para determinar a contía da prestación, debe coller a base pola que a persoa cotizou nos 180 días anteriores ao fin da relación contractual; neste caso, como houbo unha redución de xornada, contabilizaron as 299 horas que efetivamente traballara.

Mais este razoamento está errado, posto que aínda que a persoa traballadora vexa reducida a súa xornada, o seu contrato segue a ser a tempo completo, non a tempo parcial. O contrato a tempo parcial é aquel contrato cuxa xornada é inferior á habitual, sendo, en palabras do Tribunal Supremo “una verdadera modalidade contractual y que no cabe identificarlo como una simple reducción de jornada”.

Pódese reducir o horario dun contrato a tempo completo e tamén dun contrato a tempo parcial, mais isto non significa que o contrato a tempo completo se transforme nun contrato a tempo parcial por unha redución de xornada, xa que, en primeiro lugar, o procedemento de modificación substancial das condicións de traballo non se pode utilizar para converter un contrato a tempo completo a un a tempo parcial e viceversa (art. 12.4 e) do Estatuto dos Traballadores); e segundo, porque dita conversión debe contar co consentimento da persoa traballadora e non se poderá impor de maneira unilateral.

[…] Lo que significa que la imposición unilateral de jornada reducida [con carácter individual o colectivo] e incluso la modificación colectiva acordada de consuno con los representantes de los trabajadores, no determinan la mutación del contrato tiempo completo/tiempo parcial, sino la mera reducción de la jornada en contrato a tiempo completo que persiste como tal categoría jurídica, pues la específica modalidad de que tratamos [contrato a tiempo parcial] únicamente puede ser fruto de una conversión contractual que se instrumente por medio de una novación extintiva, que en todo caso es requirente de la voluntad concorde del trabajador”.

Como destaca a resolución do TS, de seguirmos o criterio do Tribunal Superior de Xustiza, isto podería desincentivar a interposición de demandas cando a modificación se declare xustificada, posto que a contía da prestación será calculada en función das bases anteriores á extinción contractual, as da redución da xornada, facendo que se reduza a cantidade a percibir. O Tribunal Constitucional na STC 6/2011 lembra que da fornulación de accións xudiciais non pode sofrer consecuencias prexudiciais, no ámbito das relacións públicas ou privadas, a persoa que as protagoniza. No caso hipotético no que non impugnara a modificación e extinguira directamente o seu contrato de traballo, o Servizo Público de Emprego tomaría as bases de cotización correspondentes ao seu contrato a xornada completa sen ter en conta as horas reducidas.

Por todo o anteriormente exposto, o Tribunal Supremo, tendo en conta os anteriormente mencionados artigos 270.1 e 270.6 LXSS, determina que a base de cotización que se debe tomar é a do momento no que cesou a obriga legal de cotizar, xa que a redución de xornada foi o motivo principal polo que a persoa traballadora decidiu extinguir o seu contrato, facendo que a prestación de desemprego sexa calculada en función das bases de cotización anteriores ao momento no que se executou a medida e se estivo a cotizar polo 100% da xornada:En el caso que nos ocupa, si estamos ante la extinción de un contrato a tiempo completo, lo adecuado será acudir al criterio de “momento que cesó la obligación legal de cotizar” por ser ese el contrato que se extingue y provoca el desempleo, lo que supone tomar las bases de cotización anteriores al momento en que se ejecutó la medida y en el que se estuvo cotizando por el 100% de la jornada. Y ello no choca con el hecho de que la situación legal de desempleo, que es el otro criterio que también sirve para calcular la base reguladora, se origine en estos casos a partir del momento de la extinción del contrato ya que la base reguladora es un elemento más, junto a la situación legal de desempleo, sobre los que se construye la protección por desempleo. Por tanto, estando configurada la base reguladora en atención a uno de esos dos posibles parámetros, el aquí aplicado es el más adecuado a la situación que provoca la contingencia protegida”.

Podes consultar a sentenza aquí: https://www.poderjudicial.es/search/AN/openDocument/e7e2f9108482ab88a0a8778d75e36f0d/20220727 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *